terça-feira, 26 de maio de 2009

Vigo segue nas mans dos analfabetos


En 1901 o empresario e filántropo José García Barbón legoulle á cidade olívica un edificio espectacular no que poder montar unha Escola de Artes e Oficios, institución que grazas a el vén aprendéndolle de balde a varias xeracións de vigueses debuxo, encadernación, música tradicional, luthería...

En 2009, un alcalde de aires grandilocuentes -pero no fondo gris coma a cinza- pensa que os máis de cen anos de tradición que atesouran os muros dese edificio histórico non valen nada. El sempre ten unha idea mellor.

Máis información sobre esta pailanada aquí

6 comentários:

Olalla disse...

con estas grandes ideas así nos vai, eu a nivel de política urbana cada vez creo máis na frase jaime lerner cando chegou á alcaldía de curitiba "con urxencia, non facer nada". primeiro ver, entender, despois pensar e xa si fai falla, logo facer. aquí vivimos na política inversa, primeiro facer e xa se iso, logo pensamos e nos lamentamos do que non debiamos ter feito; co engadido de ter que investir en arranxar a desfeita, se acaso outra vez sen pensar, non vaia ser que desgastemos o cerebro; e así sucesivamente...

Rubén Pardiñas disse...

Totalmente dacordo. Concretamente esa é a obsesión deste alcalde: facer e facer e facer... o que sexa, aínda que sexa unha desfeita. O máis triste é que tampouco foi quen de facer demasiado. E claro, pasa o tempo, as eleccións que están aí outra vez... e, como non, a solución de sempre: a mudar de cor tódolos enlousados das beirarrúas, que sempre é unha obra moi aparatosa e dá a impresión de que se está a renovar completamente a cidade. Propaganda.

No caso concreto da Escola de Artes ao Caballero metéuselle na cabeza desmantelala para meter alí unha biblioteca, para a cal non é quen de atopar outro edificio. É que non hai outro lugar axeitado que temos que espir un santo para vestir outro? Polo visto na decisión pasou completamente da súa compañeira de goberno, a concelleira de Educación; élle o mesmo que alunos e profesores, por unanimidade, estean en contra do traslado; tanto lle ten os cen anos de historia da escola; arríscase a traizoar os desexos de García Barbón, que dispuxo que se o edificio mudaba de función a propiedade tería que voltar aos seus herdeiros... É lamentábel.

Hai que recoñecerlle a este alcalde pirotécnico que temos que estivo á altura da tradición política viguesa: é un máis na xa longa listaxe de gobernantes empeñados en que a cidade máis grande de Galiza faga o ridículo cando ten que lidiar coa cultura.

Olalla disse...

ui! si só fora un mal das grandes cidades, pero neste país o das desfeitas culturais abrangue tódalas escalas poblacionais, o que pasa e que o máis miúdo non arma tanto alboroto.

Suso disse...

Merda de país! Dicía o outro día Manolo Rivas que Galiza era un país conservador que non conserva nada. Triste pero certo.

Olalla disse...

aquí o que pasa é que só sabemos arrasar coas cousas ou momificalas, non entendemos que ás veces poden ter diferentes vidas con ben pouco esforzo (físico, que non de pensamento), o noso é: investimento máximo para aproveitamento mínimo. o da economía de medios ainda non chegou ao cerebro de algúns.

Nando disse...

Mi apoyo para Artes y Oficios. Qué penoso lo de Vigo y sus políticos. Eu emigro pero xa!