terça-feira, 2 de junho de 2009

Novo Vs. Mallo

Final da Copa de Escocia 2009

Por que carallo non temos a este tipo no Celta? Novo "the Spaniard" -como di o comentarista- é, en realidade, o dianteiro da nosa selección, coa que en decembro pasado marcou este golazo contra Irán. Eu estou certo de que entre estes british algún sabe que "novo" significa "nuevo". "New", como quen di. Xa dubido máis se alguén saberá que o apelido do outro galego presente no partido (Dani Mallo, precisamente o porteiro do Falkirk que encaixa o tanto de Novo) designa unha ferramenta do agro, coa que se malla no centeo ou no trigo para separar a semente. Non teñen culpa os escoceses. Que podían pensar cando lles contaron que Dani Mallo viña do "Deportivo de La Coruña"? "The other Spaniard". E n'A Coruña -onde por certo hai un barrio chamado Os Mallos- tan contentos.

7 comentários:

Anónimo disse...

Novo non está no Celta porque o Celta está en 2ª. Eu me pregunto por qué non está no Depor.

Aguilera disse...

Busca la respuesta en la cuenta corriente del Sr. Novo, Rubén.

Rubén Pardiñas disse...

Seguro, Aguilera. Pero tampouco lembro especial interese do Celta por el, nin en Segunda nin en Primeira. Tampouco do Deportivo, Anónimo.

Nes234 disse...

No Depor falarase algo pero aquí nunca foi tanta estrela, parece que naceu para xogar nun equipo protestante, porque non se explica. Bue, agora que o penso, no Celta sempre estan protestando.
Con cariño, un saúdo.
(Dani Mallo tragaba dabondo)

Rubén Pardiñas disse...

En realidade, para que queremos a Novo, para que queremos a Torres, para que queremos a Messi... se temos a este pedazo de moañés??

Alberto disse...

Home, postos a pedir que xogue no Racing, que para algo saiu de Ferrol.Por outra banda me encanta que este ano teñamos que xogar contra o B de novo en lugar de contra o Celta. Un saudo.

Lostrego disse...

Mágoa non estexa no Celtic!!