terça-feira, 26 de junho de 2012

Like a rolling stone


 
 
É certo, sempre houbo moita pedra en Galicia. Fixéronse aquí, e seguirán a facerse, moitas cousas nese material. Sabémolo todos. Era necesario montar unha megaexposición para deixar constancia desta obviedade? Gallaecia Petrea podería ter sido unha boa entrada nun blog, ou un libriño curioso para turistas. Como estrea no Gaiás do Museo de Galicia resulta un proxecto tan excesivo nos seus custos coma exiguo conceptualmente.

Insisto: son cousas –nomeadamente obras de arte- feitas en pedra. E máis nada. Unha chilindrada monumental que lle debemos a todo un exército de seis comisarios e até 76 expertos dirixidos por Miguel Fernández-Cid, non se sabe se o home da ocorrencia ou un mandado do Cluster do Granito. Mellor non sacarlle punta á memorable frase pronunciada por Núñez Feijóo durante a inauguración: “Somos un pobo cunha faciana pétrea”.

Unha mostra sobre os usos da pedra en Galicia a min paréceme tan pertinente coma outra sobre a madeira en Escandinavia, ou sobre o mármore en Roma, ou sobre o petróleo en calquera cidade. Non digo que non teña o seu interese; no colexio todos fixemos murais ben paveros sobre canta materia prima hai na Terra. O asunto é se de veras precisamos...

Podes seguir lendo o artigo en Praza Pública

domingo, 24 de junho de 2012

A terceira póla

O documental sobre o galego de Estremadura, en dúas partes: