terça-feira, 2 de junho de 2009

Novo Vs. Mallo

Final da Copa de Escocia 2009

Por que carallo non temos a este tipo no Celta? Novo "the Spaniard" -como di o comentarista- é, en realidade, o dianteiro da nosa selección, coa que en decembro pasado marcou este golazo contra Irán. Eu estou certo de que entre estes british algún sabe que "novo" significa "nuevo". "New", como quen di. Xa dubido máis se alguén saberá que o apelido do outro galego presente no partido (Dani Mallo, precisamente o porteiro do Falkirk que encaixa o tanto de Novo) designa unha ferramenta do agro, coa que se malla no centeo ou no trigo para separar a semente. Non teñen culpa os escoceses. Que podían pensar cando lles contaron que Dani Mallo viña do "Deportivo de La Coruña"? "The other Spaniard". E n'A Coruña -onde por certo hai un barrio chamado Os Mallos- tan contentos.