domingo, 15 de março de 2009

Chegará o conservadorismo tamén ao audiovisual?

Arrepíame que hoxe en día alguén (e falo dunha persoa nova) poda dicir cousas deste calter:

"He leído ayer las bases para la solicitud de subvenciones al audiovisual gallego, y esas bases insisten en que se valorará la transgresión y la innovación de los lenguajes propios del audiovisual. Es un camino equivocado ofrecer dinero a quien innove, o a quien crea innovar, o a quien justifique teóricamente que está innovando los lenguajes visuales. Las innovaciones no surgen así...los autores o artistas realmente innovadores no funcionan de esa manera, y si realmente son innovadores, seguro que esto pasará desapercibido a funcionarios y políticos, a los planteamientos oficialistas que en el fondo buscan ligeras modificaciones en la forma, no en el fondo.Un artista o una corriente que cambie de verdad el fondo de las cosas en el arte, que las haga evolucionar, no lo hará de un día para otro. No se puede pretender que cada año, 20 productos audiovisuales dentro de Galicia sean verdaderamente rupturistas con la forma de narrar historias, que por otro lado, se mantiene vigente siempre pese a su evolución, con unos parámetros mal llamados clásicos por el hecho de que sean estables y entendibles por el espectador. No nace un Orson Welles todos los días y no hay nada peor que hacer creer a alguien que apenas balbucea con el medio, que puede ser un Orson Welles. Esto es un engaño para él, y una valla que lo va a separar del público, del supuesto receptor de la obra."

Isto escribe Mariano Casas no seu blogue, quero pensar que sen calibrar suficientemente o trasfondo profundamente reaccionario que subxace nas súas palabras (curiosamente Casas é, todo hai que dicilo, un talentoso debuxante de banda deseñada). Arrepíame a cousa, digo, tendo en conta as circunstancias políticas que se lle aveciñan á Galiza, curioso lugar onde é posíbel que, unha vez constatado o feito de que a xente quere mano dura cos que defenden unha política lingüística a prol do galego, nos agarden varias sorpresas máis sobre as verdadeiras preferencias dos seus habitantes. Unha delas pode ser que, como vén acontecendo en Madrid dende hai anos, o discurso contra os titiriteros progres del cine, alimentado co manido tema das subvencións públicas, chegue a callar tamén neste recuncho -temos que comezar a falar así- de merda. Se callou a estratexia de Galicia Bilingüe, da que tantos nos riamos decote, por que non vai pasar igual con isto?

Esta actitude significa ademais non recoñecer que foron precisamente as propostas feitas máis dende á marxe (non fóra do sistema, que ninguén está a pedir iso), é dicir, as de xente como Oliver Laxe, Susana Rey, Alberte Pagán, Peque Varela... as que recolleron máis éxitos internacionais, situando á Galiza no mapa.

Así que, galegos, xa sabedes:

"Es un camino equivocado ofrecer dinero a quien innove, o a quien crea innovar, o a quien justifique teóricamente que está innovando los lenguajes visuales."

Frase para enmarcar, non estou certo se mellor no despacho de Jiménez Losantos ou directamente no de Joseph Ratzinger.

16 comentários:

Anónimo disse...

Buff! Aquí hai moito tema, o que pasou coa telegaita cando o cambio de goberno pasará agora pero para o outro lado. ¿Conservadurismo? eu prefiro chamarlle o conto de sempre, o mismo uso político, máis hevy, iso sí.

Rubén Pardiñas disse...

Non me refería eu precisamente á TVG e os seus telexornais, Prea. Falaba dun vento máis xeral que lle vai poñer as cousas máis doadas a quen teña como obxectivo suprimir axudas á cultura, axudas que a sociedade percibe como un "tirar os cartos". A cousa é máis de fondo, penso. Por outra banda: hai moito que criticar no noso audiovisual subvencionado, certo é, pero agora... agora acho que o acento debería poñerse noutro sitio.

Anónimo disse...

Es penoso decir "No a la innovación". Pero Rubén, lo más patético no es lo que pueda a afectar a las políticas de subvención, es a los propios cineastas o aprendices de cineastas, que ellos mismos tienden a una cosa y otra según esté de moda cada una, según les digan "esto es lo que mola". Si se desprestigia el cine experimental lógicamente todo el mundo va a querer hacer "Orfanatos", que es lo que mola porque lo hacen los productores solitos sin ayuda pública y además arrasa en taquilla y además vas a las fiestas y te pasas por la piedra a las actrices de El Internado. Pero yo me pregunto, ¿Cuántos consiguen esto?

Logicamente no nace un Orson Welles todos los días, pero ni en Galicia ni en USA, ahora, que todos los días no nace algún Ozores en España? Todo por la pasta y el folleteo. El cine español da asco, pero no por las subvenciones, sino porque es un coto de amancebados obsesionados con la taquilla y con follarse a todo lo que se mueva. Yo también sé de lo que hablo.
Saludos

Juanjo del Amo disse...

Benquerido Rubén, unha vez máis creo que se vai vostede ó extremo en demasía. Vostede sabe i eu tamén, que Mariano non iba por ahí. Como lle dixo él mesmo, non se pode traer a colación unha nova como a de que as subvencións do cine superan á recadación solo porque quenes a publicaron foron os de Libertad Digital.
De tódolos xeitos, eu penso que esa clase de cine da que vostede fala con reticencias (os "Orfanatos" tamén mencionados por Anónimo) non son o mal do cine español, senón ó contrario, son precisamente o diferente que se conseguiu con fornadas de directores como Alejandro Amenábar, Mateo Gil, etc., que por fin conseguiron que o público dixera ó ve-las películas españolas "¡Pero se non parece española!" (no bon sentido de ben feitas). ¡Claro que os productores teñen que pagar as súas películas! ¡Faltaría máis! O cal non quere decir que non se podan apoiar tamén proxectos independentes, que a mín tamén gustanme se están ben feitos. ¿Non lle parece?
Un saúdo.

Toni disse...

rubén, totalmente dacordo
unha aperta!
toni

Anónimo disse...

Cómo te pasas, creo que interpretas mal o que dice Mariano Casas, él non está en contra de anovar, todo ocontrario, fai unhas cousas que son vangarda pura:

http://www.youtube.com/watch?v=KjZE_LVvJJ4

Rubén Pardiñas disse...

Direi só que aquí a cousa non vai de meterse cos traballos de ninguén; mañá prometo facer un post empatando o tema orixinal con esa apoloxía (na miña opinión ben triste) que fai Teucro do cinema de "Orfanatos y Otros".

Anónimo disse...

Sinceramente Rubén, no creo que los cambios de signo político afecten a la calidad del cine, o a su "conservadurismo" o "progresismo."

La crítica que hace Mariano Casas es adecuada en cualquier época, él se queja de la perversión del sistema, que no de las políticas concretas de subvención que lleve a cabo el PP o el PSOE o el BNG (por cierto, alguien sabe realmente de quién dependian?).

Los motivos por los cuales las hornadas de cineastas gallegos son mejores ahora que antes (coincido contigo en esto) creo que son puramente circustanciales, y desde luego no creo que tengan nada que ver con que gobiernen unos u otros.

Un saludo

roberto disse...

Iso que chaman "audiovisual galego" según Martin Pawley, creo que moi acertado:

"Ben, para empezar eu non sei que é o audiovisual galego, nin se me ocorre un criterio sinxelo para discernir o que é audiovisual galego do que non o é. O máis práctico deumo un amigo hai anos: audiovisual galego debería ser todo aquel que se defina como tal en todas partes, en Galiza e fóra dela. Se a Abderrahmane Sissako lle dera por dicir que el fai cinema galego eu estaría encantado con tal de que diga o mesmo en todo o mundo; non vale pois esa cousa tan nosa de ser galeguísimos en Santiago de Compostela e españolísimos en Madrid. En calquera caso esas cuestións identitarias non son en absoluto relevantes no que atinxe ás obras de arte, que basicamente son de dous tipos, boas e malas. Hai moitas películas galegas que me parecen malas, mesmo pésimas, empezando por "Pradolongo"; boas coñezo menos, mais algunhas hai. O 2008, de feito, foi razoabelmente bo: empezou coa participación en Sundance dunha marabilla rexeitada en dous festivais galegos, "1977" de Peque Varela, e acaba coa estrea da longametraxe documental de Ángel Rueda "50 anos en el andamio", que é un traballo ben interesante. Polo medio houbo dúas obras mestras que non acadaron a repercusión que merecen, "O cazador" de Ángel Santos e "París #1" de Oliver Laxe, o cineasta galego que nos proporcionará máis alegrías no futuro. O que non temos en Galicia é unha masa crítica que apoie con enerxía os produtos bos que aquí se fan, ao contrario do que acontece en Catalunya onde aplauden incondicionalmente calquera trapallada que faga un Marc Recha deses. O autoodio é un vicio que non damos perdido"

Anónimo disse...

¡Qué razón tes, Jorge! Ó final canta menos dependencia dos políticos mellor. ¡Hai que botalos! ¡A todos!

Rubén Pardiñas disse...

Disculpade a demora en contestar.

Jorge: é certo que ás veces sobrevaloramos o papel actual dos políticos á hora de condicionar os contidos do audiovisual, e non nos decatamos de que estes eidos (a cultura en xeral) son precisamente os máis desatendidas polos gobernos. Aplicamos un calco do modelo americano (ou soviético, ou nazi) e caemos na tentación de imaxinar -eu tamén- a Ánxela Bugallo desfilando polos corredores da Consellería e berrando consignas como "Imos amosarlle ao pobo a verdadeira galeguidade a través de películas marabillosas!"

De tódolos xeitos, é innegábel que houbo en Galicia, nestes catro anos, un certo relevo, máis que xeneracional, de temas e formas (un relevo bastante positivo, como se desprende do artigo de Martin Pawley que nos trouxo Roberto). E neste proceso non hai que esquecer a laboura de fomento de determinado tipo de produtos (eses máis innovadores, experimentais...) que se fixo dende as convocatorias de subvención. Que non todo resultou vangarda revolucionaria? Por suposto, en primeiro lugar porque, como en todo (no fútbol, na música...), de cada cen saen como moito dez. E en segundo lugar, porque o obxectivo, en contra do exposto en varias ocasións por Mariano Casas, non é a transgresión, senón simplemente fomentar un espíritu innovador que asuma uns mínimos riscos artísticos (sexa no sentido que sexa).

Na cerimonia dos premios Goya de hai dous anos houbo unha triunfadora previsíbel, El Orfanato, de J. J. Bayona, e outra inesperada, La soledad, de Jaime Rosales. Independentemente do que nos parezan estas dúas películas, todos sabemos de sobra que é o que representa cada unha delas, e que clase de termos e adxectivos habería que escribir nas ordes das supostas convocatorias de subvención deseñadas para fomentar unha ou outra. Eu, que non son precisamente amigo das fronteiras claras entre xéneros e disciplinas, sei ben a utilidade práctica de determinados léxicos ("innovación" e "experimentación" por unha banda; "viabilidade" e "rendibilidade" por outra).

Interpretei aquela repartición dos premios nos Goya´07 como unha chamada de atención a un cinema, o español, que a forza de elevar á categoría de autor a xente que Estados Unidos non pasaría de ser unha pequena peza máis da industria (refírome a Alejandro Amenábar), estaba a piques de axenlloarse rendido á concepción hollywoodiense xa non do cine, senón do mundo. Está ben premiar o feito de ter acadados determinados estándares de calidade técnica e solvencia industrial. Pero tamén está moi ben, Teucro, dicir: os parámetros técnicos e comerciais herdados de D. W. Griffith non son todo no cinema, e se en Europa deixamos de exercer ese contrapeso a homoxeneidade cultural estará máis preto de triunfar.

Se cadra son un inxenuo e nada destes desexos de reequilibrio había nas intencións da Academia, pero por favor: deixádeme que interprete o feito así, aínda que só sexa para darlle folgos aos que aínda cren na diversidade cultural e nos seus beneficios.

Anónimo disse...

De acuerdo en casi todo lo que dices Rubén, pero hablemos de resultados. ¿Quiénes son esos equivalentes tan excelsos del cine de Jaime Rosales en Galicia? (los equivalentes a Amenábar ya sabemos que no existen...)
Saludo.

Rubén Pardiñas disse...

Pois os Alberte Pagán, Susana Rey, Peque Varela, Oliver Laxe... iso na onda máis experimental.

Anónimo disse...

Miséria de país, enquanto o povo procura mais caverna dos políticos, os (h)artistas... também!

roberto disse...

Sobre a situación da curtametraxe aqui déixovos un vídeo:

http://www.youtube.com/watch?v=z8uYmE51oV4

Rubén disse...

Graciñas a todos pola vosa participación. Sobre estes asuntos, máis debate aquí.