Hai quen di que todo o que nos acentece está sinalado de antemán. Que andamos por camiños mallados. Cadaquén vai polo seu, queira que non, coma se o levase un anxo ou unha meiga. Eu non creo tal cousa. :: Xosé Neira Vilas, Memorias dun neno labrego
domingo, 22 de março de 2009
TOP TEN: "The End"
Fisterra, a fin do mundo.
Principiabamos este blogue citando a fin memorábel do Lolita de Nabokov. Ese é un de tantos finais, remates, desenlaces e mesmo falecementos que merecen un oco na historia. Esta é a miña lista:
10. As derradeiras palabras de Humbert Humbert en Lolita, que pechan un libro maxistral servíndose dunha combinación de verbas máxica, posuidora dunha beleza formal como penso que ninguén poderá superar endexamáis.
9. O impresionante remate do Concerto para Piano e Orquestra Nº 3 de Rachmaninov, que sempre me fai pensar: ese piano vai poder ser usado algunha outra vez?
8. A morte de Jackson Pollock ao volante do seu Cadillac, levando consigo toda unha concepción milenaria da arte e deixando a todo o mundo facéndose a gran pregunta: “E agora que?”
7. O desenlace do filme The Remains of the Day, de James Ivory, cun patético Señor Stevens incapaz, vinte anos despois, de confesarlle o seu amor (pretérito?) a unha Miss Kenton que na altura estivo disposta a deixalo todo por el.
6. O falecemento simultáneo, o 4 de xullo de 1826, dos dous mellores presidentes que nunca houbo en Estados Unidos. En Quincy, Massachusetts, John Adams consume o seu derradeiro hálito, e di, lembrando a un gran amigo (e tamén gran rival): "Thomas Jefferson aínda vive". Pero había só unhas horas que Jefferson morrera na súa vila de Monticello, Virxinia. Cumpríanse 50 anos xustos da Declaración de Independencia.
5. A caída do nazismo tal e como foi relatada por Antony Beevor en The fall of Berlin, lectura que nos mergulla na verdadeira Apocalipse.
4. A fuga de Deckard e Rachael ao final da película Blade Runner, de Ridley Scott, nunha das versións con voz en off na que presenciamos como unha parella de replicantes con data de caducidade tenta fuxir do seu destino acubillándose na incertidume máis humana: "Non sabían canto tempo teríamos; quen o sabe?"
3. O finale do Acto I de Il Barbiere di Siviglia, de Rossini, un despiporre de orquestra e coros perfectamente acompasados e excesivos como nunca xuntou ninguén ao longo da historia da ópera.
2. Os versos finais do soneto de Quevedo “Amor constante más allá de la muerte” os cales demostran que con tres frases dun poema hai dabondo para facer tremer de emoción a calquera.
1.Deixo para o remate algo que foi real e que, como desenlace extraordinario, como final insospeitado e a un tempo anhelado, foi inalcanzábel mesmo para Nabokov, Rachmaninov, Pollock, James Ivory, Jefferson e mais Adams xuntos, Hitler pasado polo filtro de Beevor, Ridley Scott, Rossini ou Quevedo. Foi algo que aconteceu en Barcelona o 25 de maio de 1999. Non durou moito, pero materializou a verdadeira sublimación da fin imposíbel, e pervive aínda na memoria de moitos: falo dos derradeiros intres da final da Copa de Europa, unha tolemia absoluta na que o Manchester United foi quen de remontarlle ao Bayern de Munich un 0-1 nos minutos 90 e 93 de partido, proclamándose campión perante un mundo histérico da emoción. Non o credes? Os do Bayern tampouco... Ollade, ollade para aquí:
Concordo totalmente, Anónimo! Castelao neste seu derradeiro discurso, a dous anos escasos da morte, estaba xa totalmente entregado á súa Galiza ideal, unha pura ficción; son palabras patéticas, tamén algo cursis -non o imos negar-, pero emocionantes.
Também gosto imenso do final do Blade Runner, mas aquele que mais me vem à memória é o do filme Carrington (com a Emma Thompson no papel principal). Se nunca viste recomendo, até porque é a biografia duma pintora inglesa. Ela passa a vida toda apaixonada por um homem que não lhe pode corresponder, e no fim... Bom, se nunca viste não quero estragar a surpresa. Obrigada por visitares o meu blog!
Brétemas inicia unha nova etapa
-
Dende hoxe estamos aquí: bretemas.com Expresamos a nosa maior gratitude ao
equipo de Blogaliza que nos acolleu durante catro anos con extraordinaria
xenero...
As dúas cabezas fenicias de Picasso
-
NTERÉSAME coñecer o sutil abismo que separa o xeito no que nos
representan e o xeito no que nos gustaría ser representados. A separación
no debuxo e na...
Sinais de vida
-
Isto é unha despedida e tamén é un saúdo. Xa non haberá máis días
estranhos, e se miran cun pouco de atención notarán que empeza a haber
sinais de vida. Al...
pensamentos, tactos outros
-
.
.
deixovos o enlace ás conferencias da XXVIII semana da filosofía en
pontevedra que se poden ver online.
este ano, filosofía e mentira:
http://aulacast...
Mudamos o alugueiro
-
Renovarse ou morrer, amigos.
Marchamos a otras latitudes máis septentrionais, como non podía ser doutro
xeito. Mais aquí as latitudes son virtuais, así que...
En defensa de las librerías
-
En el marco del día mundial del libro y las librerías, el 23 de abril, el
CERLALC publica En defensa de las librerías. Recomendaciones en materia de
políti...
Juneau Salmon Fishing
-
First, you should avoid doing this. In addition to this, you need an extra
step. If the juneau salmon fishing it came in. In other words, desperation.
It...
Carlos Aguilera, nuevo aficionado del Barça
-
Sandro Rosell presenta a Carlos Aguilera como nuevo aficionado culé. EFE
El aficionado del Atlético de Madrid, Carlos Aguilera, rompió su relación
con la ...
A OVELHA QUE QUERIA SER ABELHA
-
Era uma vez uma ovelha que vivia em rebanho, com muitas outras ovelhas.
Como todas as ovelhas, não tinha nome, mas vamos dar-lhe um para que possa
ser...
5 comentários:
O meu preferido é o de "Sospechosos habituales"
O "Alba de gloria" de castelao
Concordo totalmente, Anónimo! Castelao neste seu derradeiro discurso, a dous anos escasos da morte, estaba xa totalmente entregado á súa Galiza ideal, unha pura ficción; son palabras patéticas, tamén algo cursis -non o imos negar-, pero emocionantes.
Para quen non o coñeza:
"Alba de groria"
Também gosto imenso do final do Blade Runner, mas aquele que mais me vem à memória é o do filme Carrington (com a Emma Thompson no papel principal). Se nunca viste recomendo, até porque é a biografia duma pintora inglesa. Ela passa a vida toda apaixonada por um homem que não lhe pode corresponder, e no fim... Bom, se nunca viste não quero estragar a surpresa. Obrigada por visitares o meu blog!
Obrigado pela visita, Mariana. Desconhezo ese filme coa Emma Thompson; tratarei de atopalo.
Enviar um comentário